top of page

Blogue da Biblioteca
Este é o blogue da biblioteca do CEIP María Pita
Aquí intentaremos contar o que facemos, o que pasa na biblio (e no resto do cole porque somos algo rexoubeiros.!), o que nos gusta... e cousas varias que se nos ocorran
Buscar


Obradoiro de Nadal
Nestes días previos ao Nadal, na biblio houbo un obradoiro de postais para o alumnado de 1º e 2º de Primaria dirixido polo noso voluntariado. Podedes ver ambos os días premendo nos seguintes enlaces AQUÍ e AQUÍ
15 dic 20251 Min. de lectura


Magosto 25
Pasa o outono e así chega o Magosto. As castañas asadas enchen o cole do aroma típico desta época do ano. No cole chegan as cantigas, os refráns e, este curso, como novidade, os xogos tradicionais. Durante os días previos á celebración do Magosto os máis maiores recitaron REFRÁNS e os máis pequenos CANTIGAS propias desta época. E xa o propio día, houbo degustación de castañas e xogamos en distintas estaciós repartidas polo patio. Preme AQUí
14 nov 20251 Min. de lectura


Samaín de Xogos
Como xa é tradición, o noso Samaín saca a vena escritora e artística do noso alumando coa creación de relatos de medo e monstros terroríficos. Este ano estaban inspirados no noso proxecto "Xogolandia". Aquí podedes ver unha pequena mostra da creatividade escritora dos nosos pequenos e pequenas. E, no seguinte enlace, podedes ver as "artistadas" que fixeron os máis pequenos do cole que están colgadas no blogue do EDLG. Premede AQUÍ e AQUÍ .
28 oct 20251 Min. de lectura


Resumo das nosas novidades
Xa está a biblioteca en funcionamento de novo. Como sempre, as nosas Mochilas Viaxeiras xa están polas vosas casas. O noso voluntariado foi o encargado de levalas a cada titoría para comezar a súa viaxe deste ano. Podedes ver este comezo premendo AQUÍ . Dentro delas, levamos a libreta do proxecto deste curso Xogolandia. O Lugar dos Xogos. Proxecto que terá un lugar nesta web e que podedes ver premendo no seguinte enlace AQUÍ . Por último, que mellor forma de comezar esta nova
23 oct 20251 Min. de lectura


Nova aventura
Novo ano e nova aventura!! Neste pequeno vídeo podedes ver un resumo do que será este novo curso na vosa biblioteca e como será a apertura da mesma. Como sempre, o noso voluntariado é o mellor para este tipo de tarefas. Grazas aos dous pola vosa colaboración!! Comezamos!! Preme na imaxe para ver o vídeo completo!
22 oct 20251 Min. de lectura


8M
Para conmemorar este día o alumando preparou unha exposición sobre "MULLERES ANÓNIMAS DA CORUÑA". Consiste nunha investigación sobre...
8 jun 20251 Min. de lectura


Obradoiro Entroido
Para comezar coa celebración do entroido no cole, levamos a cabo un obradoiro de máscaras para o alumnado máis maior do cole. Estivo...
23 feb 20251 Min. de lectura


Semana de Rosalía
Este ano para a celebracion do día de Rosalía, non tiñamos bastante cun día polo que empregamos toda unha semana!! Comezamos argallando...
23 feb 20251 Min. de lectura


Tempo de Nadal
Xa chega o Nadal! Este ano no cole, arrincou cun obradoiro de postáis para o alumando máis novo de primaria. Podedes ver as dúas xornadas...
20 dic 20241 Min. de lectura


Magosto
Vai acabando o mes de novembro, e con el pasou o tempo de Magosto. No cole comemos castañas, recitamos cantigas, refráns e preparamos...
25 nov 20241 Min. de lectura


Relatos de medo
Como xa víchedes na nosa conta de instagram, este Samaín houbo moita troula polo cole. Os máis pequenos fixeron monstros coruñeses que...
13 nov 20241 Min. de lectura


Día das Bibliotecas 24
O día 24 foi un día moi especial na nosa biblioteca. En primeiro lugar porque foi o día no que abrimos a biblio nos recreos e o noso...
25 oct 20241 Min. de lectura


Reto de Outubro!
Este mes remata cun dos acontecementos que máis esperamos no cole...Samáin!! Dende a biblio lanzamos un reto: as nosas portas abren...
14 oct 20241 Min. de lectura


#explorACoruña
Esta semana comezamos a andaina do PDI deste ano. Un proxecto de todo o cole no que, como o seu nome indica, exploraremos a nosa cidade....
7 oct 20241 Min. de lectura


Comeza unha nova andaina
Un curso novo e un grupo de voluntariado novo! Fai un días fixemos a convocatoria entre o alumnado de 6º e non podemos estar máis...
7 oct 20241 Min. de lectura


Letras galegas 24
Xa estamos en maio, e neste mes temos a celebración dun dos días grandes da nosa comunidade: as Letras Galegas Imos facer un brevísimo...
16 may 20241 Min. de lectura


Día do Libro 24
Este curso, por motivo do Día do Libro, quixemos saber cales eran os favoritos do noso alumnado. Por iso, ao longo deste mes, traballaron...
23 abr 20241 Min. de lectura


Ana Meilán
O pasado16 de Abril recibimos a visita de Ana Meilán. Os nenos e nenas de infantil gozaron de tres dos seus contos: Bágoas debaixo da...
21 abr 20241 Min. de lectura


Mulleres que abren camiño no 8M
Polo 8M este curso, enmarcado dentro do noso PDI, quixemos facer homenaxe a mulleres galegas que abriron camiño en diferentes artes. Cada...
8 mar 20241 Min. de lectura


Deixando voar versos
O pasado venres, celebramos no cole o Día de Rosalía de Castro. Como actividade principal realizamos un mural conmemorativo entre todo o...
25 feb 20241 Min. de lectura
bottom of page
