Este curso, por motivo do Día do Libro, quixemos saber cales eran os favoritos do noso alumnado. Por iso, ao longo deste mes, traballaron nas aulas para chegar a un consenso sobre cal era o favorito da clase ou o que máis os definía como tal. Houbo empates, claros vencedores, repetidos en distintos cursos...un pouco de todo! Pero o máis importante foi o traballo previo que fixeron para chegar ao momento de gravar un vídeo para explicar ao resto da comunidade educativa a súa elección.
Decidiron cal era o seu escenario, houbo quen fixo "atrezzo", quen realizou un decorado,... decidiron o que querían dicir... Logo, no croma da biblioteca, puxéronse mans á obra!!
E para que vexades o resultado, decidimos colgar na porta do mercado todos os QR co acceso aos diferentes vídeos. Non dubidedes en pasar a velos cos nenos e nenas! Fixeron todo con moita ilusión!!! (So tedes que acceder á vosa cámara e facer algo de zoom)
Teredes un mini resumo de todo no insta da biblio e deixamos aquí tamén os enlaces para que podades gozar deles cando queirades!
FELIZ DÍA DO LIBRO 24!!!
Comments