top of page
Buscar

Semana de Rosalía


Este ano para a celebracion do día de Rosalía, non tiñamos bastante cun día polo que empregamos toda unha semana!!

Comezamos argallando un mural colaborativo onde todo o centro participase. Enmarcado no PDI de #exploACoruña quixemos investigar sobre cantas "Rosalías" había na nosa cidade. Descubrimos un museo, unha rúa, un cole, unha estatua...pero abarcamos máis e saímos da nosa cidade atopando aeroportos, avións...e ata estrelas!!.

Para que fose unha homenaxe completa a Rosalía contamos a súa historia, espuxemos as súas principais obras, fixemos a receita do seu caldo, versionamos os seus poemas...e ata fixemos un RAP. Podedes ver todo no noso instagram na páxina principal da web. Pero deixamos os enlaces tamén por aquí:

  • A súa biografía a podedes ver AQUI

  • O noso rap o podedes ver AQUI

  • O noso mural o podedes ver AQUI e AQUI


Pero a semana de Rosalía non remata aquí. No cole quixemos levar a cabo a actividade de "Apadriñamentos lectores" e pensamos que non había mellor data que a semana na que se celebra o día dunha das nosas grandes escritoras. Pero sendo unha actividade tan especial, ben merece unha entrada propia que subiremos nos vindeiros días.

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page