top of page
IMG_6611.PNG

Aquí poderás atopar parte do Proxecto de Centro deste ano: XogoLandia. o lugar dos xogos. Un proxecto onde pasalo ben mentres aprendemos. 

XogoLandia

Novidades

1 / Un samaín de xogo

O noso, xa tradicional, concurso de monstros e relatos de medo tivo este ano unha premisa especial. O protagonista tiña que ser o protagonista dun xogo, ou o relato ter lugar dentro dun. Podedes ver como quedaron no seguinte enlace. AQUí

3 / polo san martiño...

Este ano, o 11 de novembro fixemos unha gran exposición de peóns na entrada do cole. Ao día seguinte, Luis Ramas, fixo un obradoiro sobre eles que foi de gran goce para o noso alumnado. Polo Martiño, peóns ao camiño!! E seguimos xogando!

4 / Os primeiros Xogos de Mesa

Nas aulas de infantil, este curso estase a xogar máis que nunca a xogos de mesa. Introducimos pouco a pouco ao alumnado máis novo neste tipo de xogos tan pecisos para traballar diferentes habilidades. Podedes ver unha pequena mostra AQUí ou AQUÍ

2/ Un magosto de Xogos

Este magosto, ademais de gozar dunhas riquísimas castañas, o alumnado participou dunha serie de xogos populares que compartiron nos diferentes patios. Xogolandia polo Magosto!!

5 / Calendario de Xogos

Este ano. no noso calendario de advento, non podían faltar os libros. Eles son o motor de calquera biblioteca. Pero tamén se colaron os xogos. Polo medio tiñamos que xogar ao Tabú, ás sopas de letras ou ás adiviñas. Gozamos destes momentos de diversión nesta recta final do trimestre e do ano que está a piques de rematar.

bottom of page