top of page
Buscar

Mulleres que abren camiño no 8M


Polo 8M este curso, enmarcado dentro do noso PDI, quixemos facer homenaxe a mulleres galegas que abriron camiño en diferentes artes.


Cada aula investigou sobre dúas mulleres que destaquen en pintura, escultura, arquitectura, música, danza, literatura ou cine, apoiándose en moitos casos, en fondos das biblioteca.


Como remate da actividade fixemos unha representación da muller tradicional galega usando o noso traxe rexional. De xeito conmemorativo, a saia estaba confeccionada coas imaxes das mulleres elexidas polo alumnado.

Comments


bottom of page