top of page
Buscar

Bookflix en feminino


O noso centro segue a traballar en prol da igualdade, e este curso non foi menos. Dende todos os equipos, capitaneados polo de igualdade, traballamos o empoderamento da muller dando a coñecer o. nome de moitas delas. Algunhas, a pesar dos seus éxitos, moi pouco coñecidas.

Parte deste traballo queda reflexado por todo o centro: o noso corredor "da fama" de pintoras, o noso taboleiro de científicas misteriosas, a taboa periódica de científicas...


Pero este blogue é de biblioteca! E, polo tanto, de libros. Por iso destacar aquí o noso carro da igualdade, que coñecimos alá polo 8M, e un taboleiro cheo de talento feminino e de contos para cambiar o mundo que vos presentamos aquí abaixo. Esperemos que cando a biblio esté operativa sexan dos libros máis solicitados!




bottom of page