top of page
Buscar

Mes do Libro


Este mes, o cole estivo cheo de libros por todas partes. Ademais de seguir cos nosos habituais Booktuber, tivemos varios "Contos en familia" moi especiais. A nai de Lucas foi quen de meter nun mesmo conto polo menos 100!!


Por outra banda, o noso auxiliar de conversa, elaborou un precioso libro divulgativo de animais australianos. O noso alumnado foi o encargado de ponerlle voz en inglés.


E, por último, un conto colaborativo onde participou todo o alumnado de Primaria. Un conto que pasou durante este mes por todas as aulas, onde pensaron a historia, a ilustraron e puxéronlle a voz. Grazas a todos e todas por esta maravilla!!!


Na sección de Booktuber e Contos en Familia podedes atopar todo!


Non podemos esquecer aos nosos Pitiñxs que encheron un corredor do cole coas portadas dos seus contos favoritos, aqueles que máis nos piden contar. Podedes botarle un ollo no Insta da biblio.


Feliz mes do libro!!

bottom of page